O curso "Introdución ao Software Libre Inkscape no Ámbito das Matemáticas" terá lugar na Aula de Informática 2 da Facultade de Matemáticas da USC, os días: 20, 21, 27 e 28 de maio de 2026, en horario de 10:00 a 12:30.
Este curso será impartido pola Profesora Érika Diz Pita do Departamento de Estadística, Análisis Matemático y Optimización da USC.
PROGRAMA:
- Introdución a Inkscape: Instalación e interface (https://inkscape.org/es/).
- Primeiros pasos: creación de documentos, cuadrículas e axustes.
- Ferramentas básicas de Inkscape: liñas, obxectos, propiedades e operacións.
- Curvas bézier. Nodos.
- Extensións de Inkscape.
O curso, conta co recoñecemento de actividade de formación do Servizo de planificación e xestión das actividades de formación dirixidas ao PDI e PI, sempre que se acade un mínimo de 10 persoas matriculadas. Para a obtención do certificado será necesaria unha asistencia mínima do 80 % e a realización das actividades correspondentes.
PROCESO DE INSCRICIÓN:
As persoas interesadas poden inscribirse a través do seguinte enlace: ENLACE Ó FORMS: Inscrición no curso Inkscape – Completar o formulario
O prazo de inscrición estará aberto ata o día 6 de maio de 2026.
O número máximo de prazas é de 25; no caso de haber máis solicitudes, admitiranse as 25 primeiras por orde de inscrición.
Os asistentes poderán levar e empregar o seu ordenador personal, ou ben empregar os ordenadores da aula.
