EMPLEO | Axudas USC para investigadores predoutoriais

DESCRICIÓN:

A Fundación Banco Santander e a Universidade de Santiago de Compostela subscribiron un convenio no marco do que se financian diversas axudas entre as que destacan as destinadas á fortalecer á investigación nas súas primeiras etapas. 

Así, a Universidade de Santiago de Compostela, xunto coa Fundación Banco Santander, ofrecen unha axuda valorada en 2.000 € ao persoal investigador predoutoral, co fin fomentar a xestión da mobilidade e para compensar os gastos derivados nos conceptos de aloxamento, transporte e material de investigación.

Información da convocatoria

Prazo de solicitudes: 01/06/2025 ao 15/10/2025.

Número de axudas: 30

REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN:

Poderán solicitar estas axudas o persoal investigador cun contrato predoutoral activo na Universidade de Santiago de Compostela e que lle resten, no momento de finalizar o prazo de solicitudes, polo menos, catro meses de vixencia do contrato.

As persoas candidatas poderán dispoñer destas axudas complementarias en función do establecido nas súas respectivas convocatorias predoutorais.

PROCESO DE SOLICITUDE:

Instrucións para participar

<É preciso presentar una memoria: ver plantilla modelo

Máis información