O grupo de investigación SiDOR (Statistical Inference, Decision and Operations Research, http://sidor.uvigo.es) da Universidade de Vigo ofrece dous contratos para realizar tarefas de apoio á investigación na área de Estatística e Investigación de Operacións. As tarefas a realizar corresponden a dúas liñas: 
 • Liña A: Desenvolvemento de metodoloxía relacionada coa investigación básica do grupo SIDOR. Estudo das propiedades dos métodos propostos
 • Liña B: Resolución de problemas específicos doutras áreas de coñecemento (medicina, oceanografía, bioloxía, enxeñería, economía, etc) en colaboración con outros grupos de investigación, aplicando e/ou desenvolvendo a metodoloxía estatística adecuada
Requisitos:
 -          Grao en Matemáticas ou Estatística, ou grao noutras titulacións con formación específica na área de Estatística e Investigación Operativa a nivel de posgrado
 -          Manexo de software estatístico. Coñecementos de programación
 -          Bo nivel de inglés falado e escrito
 
 Criterios de valoración:
 -          Expediente académico do grao
 -          Expediente académico de máster, no seu caso
 -          Curriculum vitae
 -          Entrevista persoal
 
 Descrición do traballo:
 -          Salario bruto: 1250 euros/mes
 -          Xornada de traballo semanal: 37.5 horas/semana
 -          Duración do contrato: 4 meses prorrogables
 -          Centro de traballo: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Campus Universitario As Lagoas-Marcosende (Vigo)
 -          No caso de alumnado de posgrao, a investigación a realizar poderá motivar un Traballo Fin de Máster (TFM)  
 Presentación de solicitudes e prazo: 
 -          Mediante correo electrónico dirixido a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. co seguinte asunto: Praza apoio á investigación SiDOR
 - Achegar expediente académico de grao/máster e CV
 - Prazo: ata as 14:00 horas do 20 de abril de 2018
 Entrevistas persoais e resolución: 
 -    Os candidatos preseleccionados serán convocados a unha entrevista persoal
 -    Data estimada de resolución para a provisión da praza: 27 de abril de 2018
 -   Data prevista de inicio do contrato: entre 15 de maio e o 15 de xuño de 2018
