O Laboratorio de Enxeñería Cartográfica da Escola de Enxeñería Forestal oferta 1 contrato de investigación para desenvolver tarefas centradas no procesamento de datos cartográficos a gran escala (imaxes satelitais e LiDAR) ao abeiro do proxecto: 
Desenvolvemento do Inventario Forestal Continuo de Galicia, Convenio de Cooperación entre Xunta de Galicia, Universidade de Vigo e Universidade de Santiago de Compostela
Características do contrato:
Duración: 6 meses iniciais con posibilidade de extensión durante un ano máis.
Lugar de traballo: EE Forestal (Pontevedra) 
Retribución bruta mensual ano 2021: 1250EUR.
 
Requisitos e perfil do candidato/a:
Nivel de estudios requerido: Enxeñería e/ou Máster. 
Titulación preferente: Graduado en Enxeñería Informática e afíns.
Formación complementaria: coñecementos de programación. 
Nivel desexable de Inglés: equivalente a B2 ou superior.
 
Selección
O proceso selectivo consistirá na valoración do CV e da experiencia e capacidades da persoa candidata, e nunha entrevista persoal de ser necesario.
Será resolto por unha comisión formada polos responsables do proxecto.
 
Documentación
As persoas interesadas deben enviar o seu CV completo e copia do expediente académico (formato pdf) ao seguinte enderezo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. 
 
 
