XVII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións_Ourense

Segunda circular sobre o XVII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións:

Como xa se anunciou na primeira circular, este ano 2025, do 23 ao 25 de outubro, celebrarase en Ourense o XVII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións, organizado polo departamento de Estatística e Investigación de Operacións da Universidade de Vigo en colaboración coa Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO). A sede do congreso será a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus Universitario de Ourense. (https://fcetou.uvigo.es/gl/)

Nesta ocasión temos o pracer de anunciar o comezo do período de inscrición ao congreso e de envío de traballos  a partir do 6 de Xullo, para o  que se establecen tres tipos de cotas:

  • Súper reducida: Ata o 12 de setembro.
  • Reducida: Ata o 12 de outubro.
  • Normal: a partir do 12 de outubro.

O comité organizador convida a todos os colectivos vinculados coa Estatística e a I.O. a participar neste congreso presentando os seus resultados, aplicacións ou experiencias en calquera dos campos do coñecemento científico ou tecnolóxico, a través do formulario que aparece na web (http://xviicongreso.sgapeio.es/envio_de_comunicacions.html) ata o 12 de setembro.

A SGAPEIO volve a convocar o premio ás mellores comunicacións presentadas por investigadores novos (menores de 30 anos) cun premio de 500 €. Tamén o  Máster Interuniversitario en Técnicas Estatísticas (MTE) das tres universidades galegas, co apoio da SGAPEIO, convoca o concurso Pósters MTE para póster de estatística e investigación operativa realizados por estudantes do devandito máster, onde o premio é a inscrición á Sgapeio así como a inscrición ao XVII Congreso da SGAPEIO.

Nesta edición a programación incluirá diferentes xornadas, entre elas:

  • II Xornadas de Innovación Docente na Estatística e Investigación de Operacións. organizadas en colaboración con AGAPEMA. Estase a tramitar a homologación pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional de la Xunta de Galicia, cun recoñecemento de 8 horas. As xornadas inclúen o sábado 25 de outubro pola mañá a conferencia plenaria de Anabel Forte Deltell, profesora da Universidade de Valencia e divulgadora de recoñecido prestixio(https://anabelforte.com/) .
  • Sesión Biometría  Galicia – Portugal, que se organiza conxuntamente coa Sociedade Portuguesa de Estatística.
  • Xornada de Aplicación da Estatística e Investigación de Operacións na Agricultura e o Medioambiente.

Pódese consultar mais información sobre o congreso (programa científico, inscrición, presentación de traballos, datas límite etc.) na web  http://xviicongreso.sgapeio.es/, ou contactando a través do correo electrónico This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

Confiamos que sexa do voso interese polo que agradecémoslles a máxima difusión posible.

Agardamos a vosa participación.

En Ourense, o Comité Organizador do XVII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións.