DENOMINACIÓN:
Contratación no marco do programa propio de investigación do consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), aprobado polo Consello Reitor o 25 de maio de 2022, para o desenvolvemento da Axenda Científica do CITMAga. Na área de Investigación e Transferencia “Competitividade Industrial” dentro do programa de investigación “Modelización matemática para a industria” e na liña de investigación “Modelado, simulación numérica, optimización e control de problemas da ciencia e da industria”.
REFERENCIA DA OFERTA: CITMAga-OT-08/2026.
DESCRICIÓN DO POSTO: 1 contrato como investigador/a asociado/a.
TRABALLOS A REALIZAR: realización de tarefas de investigación na Área de Investigación e Transferencia “Competitividade Industrial” dentro do programa de investigación “Modelización matemática para a industria” e na liña de investigación “Modelado, simulación numérica, optimización e control de problemas da ciencia e da industria”.
FUNCIÓNS A REALIZAR: modelización matemática, simulación numérica, optimización e control de problemas da ciencia e da industria relacionados co electromagnetismo, a transferencia de calor e a dinámica de fluídos. PERFIS DOS CANDIDATOS: Doutoramento.
MÉRITOS E REQUISITOS A VALORAR:
Formación e experiencia xeral a valorar (30 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).
- Expediente académico do grao/licenciatura/enxeñería. Expediente do mestrado (no seu caso). Título de doutor. Grao de afinidade da tese doutoral coa liña de investigación proposta. Valorarase o grao de afinidade das titulacións do candidato cos ámbitos da Matemática Aplicada e Industrial. (25 puntos).
- Coñecementos de inglés (5 puntos).
Coñecementos e experiencia adicional e específica a valorar (40 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).
- Formación e experiencia acreditada en: modelización, simulación numérica, optimización e control, e na implementación e validación en computador de algoritmos e métodos numéricos propios destas disciplinas e, en particular, aqueles relacionados co electromagnetismo, a transferencia de calor e a dinámica de fluídos (8 puntos).
- Experiencia laboral acreditada na participación en proxectos competitivos e/ou contratos de transferencia orientados á simulación numérica de procesos industriais. (12 puntos)
- Colaboración a nivel internacional con empresas e/ou centros de investigación no ámbito da simulación numérica. (5 puntos)
- Experiencia acreditada na redacción de artigos científicos en revistas do JCR e na participación como relatora en congresos internacionais. (5 puntos)
- Formación e experiencia acreditada en programación en linguaxes de cálculo científico (C, Fortran, Python, Matlab, etc.) (5 puntos).
- Formación e experiencia acreditada no uso de software de simulación numérica e optimización (5 puntos).
Entrevista persoal (30 puntos).
As persoas candidatas seleccionadas de acordo cos criterios anteriores serán convocadas a unha entrevista persoal e a unha proba relativa ás funcións do posto. Entrevistaranse polo menos ás tres persoas candidatas con mellor valoración e que entre os dous apartados anteriores alcanzasen polo menos 40 puntos.
CONDICIÓNS:
- Retribución bruta mensual: 2.367,10 € en 14 pagas.
- Data inicio prevista: a partir de xullo de 2026.
- Tipo de contrato: contrato de actividades científico-técnicas indefinido.
- Categoría Laboral: investigador/a asociado/a.
- Xornada laboral: a tempo completo (35 horas semanais).
LUGAR DE TRABALLO: Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), Campus Vida, Santiago de Compostela.
ENVÍO DE SOLICITUDES
As persoas interesadas neste contrato deberán enviar antes do 22 de xuño de 2026 ás 23:59 horas as solicitudes, que deberán incluír unha carta de presentación que resuma a traxectoria do solicitante cos méritos e experiencia a valorar na convocatoria, o currículo vitae (con teléfono móbil e correo electrónico), os títulos e os expedientes académicos de Grao/Licenciatura/Enxeñería, Mestrado e Doutoramento; outras certificacións, e a vida laboral (que acredite os méritos profesionais que aparecen no currículo vitae).
Toda a documentación remitirase á seguinte dirección de correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. indicando en “asunto” a referencia da oferta CITMAga-OT-08/2026. Unha vez recibida a solicitude confirmarase a recepción da mesma mediante correo electrónico. As persoas candidatas que sexan convocadas á fase de entrevista deberán achegar documentación orixinal dos méritos achegados.
