Segunda circular sobre o XVII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións:
Como xa se anunciou na primeira circular, este ano 2025, do 23 ao 25 de outubro, celebrarase en Ourense o XVII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións, organizado polo departamento de Estatística e Investigación de Operacións da Universidade de Vigo en colaboración coa Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO). A sede do congreso será a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus Universitario de Ourense. (https://fcetou.uvigo.es/gl/)
Nesta ocasión temos o pracer de anunciar o comezo do período de inscrición ao congreso e de envío de traballos a partir do 6 de Xullo, para o que se establecen tres tipos de cotas:
- Súper reducida: Ata o 12 de setembro.
- Reducida: Ata o 12 de outubro.
- Normal: a partir do 12 de outubro.
O comité organizador convida a todos os colectivos vinculados coa Estatística e a I.O. a participar neste congreso presentando os seus resultados, aplicacións ou experiencias en calquera dos campos do coñecemento científico ou tecnolóxico, a través do formulario que aparece na web (http://xviicongreso.sgapeio.es/envio_de_comunicacions.html) ata o 12 de setembro.
A SGAPEIO volve a convocar o premio ás mellores comunicacións presentadas por investigadores novos (menores de 30 anos) cun premio de 500 €. Tamén o Máster Interuniversitario en Técnicas Estatísticas (MTE) das tres universidades galegas, co apoio da SGAPEIO, convoca o concurso Pósters MTE para póster de estatística e investigación operativa realizados por estudantes do devandito máster, onde o premio é a inscrición á Sgapeio así como a inscrición ao XVII Congreso da SGAPEIO.
Nesta edición a programación incluirá diferentes xornadas, entre elas:
- II Xornadas de Innovación Docente na Estatística e Investigación de Operacións. organizadas en colaboración con AGAPEMA. Estase a tramitar a homologación pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional de la Xunta de Galicia, cun recoñecemento de 8 horas. As xornadas inclúen o sábado 25 de outubro pola mañá a conferencia plenaria de Anabel Forte Deltell, profesora da Universidade de Valencia e divulgadora de recoñecido prestixio(https://anabelforte.com/) .
- Sesión Biometría Galicia – Portugal, que se organiza conxuntamente coa Sociedade Portuguesa de Estatística.
- Xornada de Aplicación da Estatística e Investigación de Operacións na Agricultura e o Medioambiente.
Pódese consultar mais información sobre o congreso (programa científico, inscrición, presentación de traballos, datas límite etc.) na web http://xviicongreso.sgapeio.es/, ou contactando a través do correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
Confiamos que sexa do voso interese polo que agradecémoslles a máxima difusión posible.
Agardamos a vosa participación.
En Ourense, o Comité Organizador do XVII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións.